Museo
Museo das Mariñas
O Museo das Mariñas, inaugurado en 1983, é un centro museístico de xestión municipal que está instalado no antigo convento de San Domingos (século XVII-XVIII), un edificio monumental que é propiedade do Concello de Betanzos. Comparte o seu espazo ca Biblioteca e Arquivo municipais. Entre as tres institucións publican cada ano o Anuario Brigantino.
Dous andares
O museo está dividido en dous andares. Na planta baixa a mostra céntrase en elementos históricos e etnográficos e a primeira planta organízase en salas e corredores temáticos. A colección conta con máis de 5.000 obxectos, procedentes de doazóns públicas e privadas.

Etnografía
Un dos corredores deste andar está adicado á etnografía, que nos introduce ao mundo dos traballos tradicionais do viño, o pan e outros oficios que houbo na cidade.
> ACCEDER Á SALA
Betanzos Medieval
Atopamos restos medievais de edificios senlleiros da nosa historia, como o desaparecido convento de San Francisco, ou sepulcros de personaxes clave nos episodios históricos de Betanzos: dende a familia dos Andrade ata os líderes das revoltas irmandiñas. Ao remate do corredor conservamos varias aras procedentes da comarca das Mariñas.
> ACCEDER Á SALA
Imprenta
Conservamos unha importante colección de xornais antigos a través dos que poderás coñecer moitos dos segredos deste Museo das Mariñas. .
> ACCEDER Á SALA
Mapas
Conxunto de mapas e vistas da cidade onde poderás apreciar como foi cambiando o noso territorio.
> ACCEDER Á SALA

Sala do Traxe
Nesta Sala do Traxe conservamos un importante patrimonio textil ligado á historia de Betanzos.
> ACCEDER Á SALA
Sociedade
Corredor no que se repasan as principais celebracións festivas da cidade e o legado de persoeiros e institucións que deixaron a súa pegada na vida diaria de Betanzos: o globo de San Roque, a labor de Jesús Núñez, as danzas gremiais ou a historia da Banda de Música Municipal.
> ACCEDER Á SALA
Cronoloxía
Corredor no que a través dunha liña do tempo amósanse diferentes episodios ocorridos en Betanzos dende o século IV antes da nosa era ata a actualidade, con pezas, documentos e imaxes para comprender a historia da comarca.
> ACCEDER Á SALA
Apostolado
Conxunto de cadros representando aos apóstolos acompañados de Jesús procedentes da escola de Rubens e que foron mercados na cidade de Amberes polos donos do Hospital de Santo Antonio, retratados nas portas do hospital que presiden a sala, datadas no século XVII.
> ACCEDER Á SALA
Fotografía, Pintura e Gravado
Corredor cas obras dos persoeiros máis destacados destas disciplinas. Poderás ver aspectos curiosos de Betanzos e a súa evolución nos últimos cen anos a través das fotografías de Francisco Javier Martínez Santiso ou dos cadros de Sofía Feliú, entre moitos outros.
> ACCEDER Á SALA
Rafael Seonane
Sala co legado do viaxeiro e no que poderemos atopar diferentes pezas procedentes do anticuario que rexentou en Portugal: torques de ouro, cerámica de diferentes localizacións e centos de obxectos curiosos.
> ACCEDER Á SALA
Escolas García Naveira
Corredor adicado aos filántropos máis importantes da cidade, onde se recupera o espírito das súas antigas escolas, con parte do mobiliario e da decoración, ao tempo que presentamos o resto das súas obras asistenciais.
> ACCEDER Á SALA
Sala de exposicións temporais
Espazo suxeito a programación trimestral onde prima a obra de artistas locais ou de aspectos históricos da comarca.
> ACCEDER Á SALA
Descargas
Actividades didácticas para que descarguen os colexios e as familias que queiran visitar o museo.
- FOLLETO DO MUSEO DAS MARIÑAS
- CATÁLOGO DE ACTIVIDADES - BAM BETANZOS 2025
- INFANTIL E PRIMARIA - Globo de Betanzos
- INFANTIL E PRIMARIA - A caixa aberta de Sofía Feliu
- INFANTIL E PRIMARIA - Descubre bestas, feras, bechos e animais no Museo das mariñas
- PRIMARIA E SECUNDARIA - Gran enciclopedia da migración betanceira
- PRIMARIA E SECUNDARIA - Quen está roubando no museo?
- PRIMARIA E SECUNDARIA - Ruta de debuxo do Museo das Mariñas
- SECUNDARIA - Busca, enfoca e dispara