Celebramos o Día das Bibliotecas!

COMPARTIR EN:

Biblioteca

Arquivo

museo

Celebramos o Día das Bibliotecas!

Tabla de contenidos

A Biblioteca Municipal de Betanzos e o Museo das Mariñas organizan para o vindeiro 24 de outubro, Día das Bibliotecas, o primeiro paseo libresco para coñecer diferentes aspectos dos libros, as letras e as bibliotecas en diferentes puntos da cidade.

A visita, que comezará na propia Biblioteca, percorrerá diferentes rúas de Betanzos coñecendo historias que ligan á capital do Mandeo co mundo literario e bibliográfico.

Dende a Crónica Troiana ata Virtudes (e misterios) pasando polas bibliotecas particulares máis destacadas, os libros prohibidos ou a propia historia da Biblioteca Municipal. O percorrido rondará os 2 quilómetros de distancia e a actividade terá unha duración de aproximadamente dúas horas.

A actividade é de balde e conta cun aforo limitado polo que hai que realizar a inscrición previa no correo electrónico do Museo das Mariñas museodasmarinas@betanzos.net ou no teléfono 981773693.

COMPARTIR EN:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Telegram
Email

TAMBIÉN PODRÍA INTERESARTE:

BAM
FESTIBAM 2026

Chega un ano máis o FESTIBAM, o festival da Biblioteca, Arquivo e Museo das Mariñas. Durante a finde do 12 e 13 de setembro e con programación para toda a familia e para todas as idades.

BAM
FESTIBAM 2026

Chega un ano máis o FESTIBAM, o festival da Biblioteca, Arquivo e Museo das Mariñas. Durante a finde do 12 e 13 de setembro e con programación para toda a familia e para todas as idades.