SÁBADO 12
10:30-13:30 e 17:00-19:00 FEIRA DE ARTISTAS E ARTESÁNS da comarca
10:30 Actividade: BEBETECA. Imparte: Mar García de Risotadas. 0 a 3 anos.
Espazo Multisensorial para bebés é unha actividade dirixida á primeira infancia (0-3 anos) que ofrece un entorno cálido, seguro e creativo para a exploración sensorial e o primeiro achegamento á lectura. A través de distintos materiais e libros sensoriais, foméntase o xogo libre, a experimentación e a lectura compartida en familia, respectando os ritmos e a autonomía dos nosos bebés.
11:00 VISITA GUIADA ao Museo das Mariñas. Por Ángel Arcay. Público adulto.
Visita guiada polo museo da man do seu director.
17:00 CONCERTO Contos de Chuches Amil. Imparte: Fran Amil. 3 a 9 anos.
Contos de Chuches Amil combina micro-relatos coas cancións de Chuches Amil, procurando a interacción coa cativada asistente á actividade.
18:00 OBRADOIRO de xogos tradicionais cantados: A RASPITA. Imparte: Proxecto Pesquedellas. Público adulto.
Actividade musical impartida polas veciñas betanceiras do Proxecto Pesquedellas.
19:00 VISITA TEATRALIZADA ao Museo das Mariñas. Imparte: Grupo Saraiba.
O grupo de teatro do Museo das Mariñas fará un novo pase da súa visita teatralizada polo museo.
19:00 CONCERTO de DAS KOLORIT dentro do Programa Espazos Sonoros. Cine Alfonsetti.
Ao mesmo tempo que se desenvolve o FESTIBAM, terá lugar no Alfonsetti o concerto do grupo Das Kolorit dentro da progamación de Espazos Sonoros.
DOMINGO 13
11:00-13:30 e 17:00-19:00 FEIRA DE ARTISTAS E ARTESÁNS da comarca
10:30 Actividade: OPERACIÓN NEGRA SOMBRA. Imparte: Antonio M. Fraga. 7 a 13 anos.
ATENCIÓN! Estraños acontecementos están á acontecer na Casa da Matanza, en Padrón. Farta da situación, a Fundación Rosalía de Castro decidiu contactar coa Axencia Cazadora de Monstros e Espectros, cuxos axentes se desprazarán até o lugar para atrapar o monstro. Ven crear unha historia entre todos e todas, unha aventura narrada na que o obxectivo será atrapar o monstro Negra Sombra (e pasalo ben!)
11:30 Mesa redonda VECIÑANZA LECTORA: Conversa arredor dos libros e da lectura con Mar Nieves e Laura Vázquez
Conversa con dúas das veciñas bookstagramers de referencia: @marniesreading e @misislau_eclecticalectora
17:00 CONCERTO Brinca vai!. Imparte: Paco Nogueiras. 0 a 12 anos.
Brinca Vai! De aquí a acolá é un espectáculo baseado no libro-cd-dvd “Brinca Vai!”, editado por Kalandraka Editora, no que se combinan cancións, animacións e interpretacións cos ritmos e rexistros máis divertidos. As alegrías, as amizades, os libros, a poesía, a ecoloxía, as festas do ano e o respecto á nosa lingua serán parte da equipaxe nun camiño onde a música soa con forma de sorriso.
18:00 VISITA GUIADA ao Museo das Mariñas. Imparte: Ángel Arcay. Público adulto.
Visita guiada polo museo da man do seu director.
Todas as actividades teñen límite de prazas polo que é indispensable inscribirse no correo electrónico museodasmarinas@betanzos.net ou a través desta folla de contacto, indicando a actividade na que se quere participar.
Cartel de Carmen Seijas





