Celebramos o Día das Bibliotecas!

COMPARTIR EN:

Biblioteca

Arquivo

museo

Celebramos o Día das Bibliotecas!

Tabla de contenidos

A Biblioteca Municipal de Betanzos e o Museo das Mariñas organizan para o vindeiro 24 de outubro, Día das Bibliotecas, o primeiro paseo libresco para coñecer diferentes aspectos dos libros, as letras e as bibliotecas en diferentes puntos da cidade.

A visita, que comezará na propia Biblioteca, percorrerá diferentes rúas de Betanzos coñecendo historias que ligan á capital do Mandeo co mundo literario e bibliográfico.

Dende a Crónica Troiana ata Virtudes (e misterios) pasando polas bibliotecas particulares máis destacadas, os libros prohibidos ou a propia historia da Biblioteca Municipal. O percorrido rondará os 2 quilómetros de distancia e a actividade terá unha duración de aproximadamente dúas horas.

A actividade é de balde e conta cun aforo limitado polo que hai que realizar a inscrición previa no correo electrónico do Museo das Mariñas museodasmarinas@betanzos.net ou no teléfono 981773693.

COMPARTIR EN:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Telegram
Email

TAMBIÉN PODRÍA INTERESARTE:

BAM
I Premio BAMig@

Dende a BAM Betanzos creamos o Premio BAMig@ para destacar a figura dalgún amigo ou amiga da nosa institución ao longo do ano. É por

BAM
Grupo de teatro da UPB

Dende a Universidade Popular de Betanzos queremos comezar o curso organizando un grupo propio de teatro. Da man de Ánxela Doel profundizaremos nos coñecementos actorais

BAM
FESTIBAM 2025

Chega un novo FESTIBAM con actividades para toda a veciñanza de Betanzos

Ir o contido