BAM Betanzos participa nas xornadas “Á procura do pasado para armar o futuro: O rural e as institucións da memoria” os días 29 e 30 de novembro

COMPARTIR EN:

O Concello de Betanzos participará das xornadas por medio do director da Biblioteca, o Arquivo e o Museo das Mariñas, Ángel Arcay Barral, quen presentará a ponencia “A memoria e o pasado para combater a soidade: o club de lectura da historia de Betanzos” onde explicará o proxecto que foi merecedor do Premio á Innovación Bibliotecaria 2023.

Biblioteca

Arquivo

museo

BAM Betanzos participa nas xornadas “Á procura do pasado para armar o futuro: O rural e as institucións da memoria” os días 29 e 30 de novembro

O Concello de Betanzos participará das xornadas por medio do director da Biblioteca, o Arquivo e o Museo das Mariñas, Ángel Arcay Barral, quen presentará a ponencia "A memoria e o pasado para combater a soidade: o club de lectura da historia de Betanzos" onde explicará o proxecto que foi merecedor do Premio á Innovación Bibliotecaria 2023.

Tabla de contenidos

Estas xornadas, que BAMAD Galicia e a Fundación Olga Gallego organizarán no centro sociocultural O Vello Cárcere de Lugo os días 29 e 30 de novembro de 2024, teñen a finalidade de crear un foro de reflexión e de coñecemento da memoria rural entendida como memoria individual, colectiva, social, histórica, cultural e compartida das persoas, do territorio, das perdas, dos achados, dos conflitos, dos encontros, das que marcharon e das que viñeron, que nace do pasado, que amarra o presente e que mira ao futuro. Unha memoria onde os arquivos, as bibliotecas e os museos actúen como axentes que participen da comunidade para consolidar a memoria labrega que recupere vínculos e que restaure, cree e reimaxine proxectos que resignifiquen o rural.

O Concello de Betanzos participará das xornadas por medio do director da Biblioteca, o Arquivo e o Museo das Mariñas, Ángel Arcay Barral, quen presentará a ponencia “A memoria e o pasado para combater a soidade: o club de lectura da historia de Betanzos” onde explicará o proxecto que foi merecedor do Premio á Innovación Bibliotecaria 2023.

O obxectivo destas xornadas será visibilizar as realidades diversas de aqueles territorios que non gozan do privilexio de estar no foco dos medios de comunicación nin das políticas públicas, e que se manteñen grazas ao esforzo constante de persoas que apostan por poñer en valor a súa riqueza patrimonial e social. No fondo procuran preservar e divulgar a realidade humana en territorios menos favorecidos, aproveitar a diversidade que eses lugares ofrecen para contribuír a pór no mapa as súas problemáticas, pero tamén construír ferramentas de dinamización que loiten contra a problemática do abandono, a dispersión, a soidade, o avellentamento e o despoboamento.

Para iso será necesario pensar en como adaptar as técnicas propias e incorporar estes enfoques nas estruturas e nos procesos de traballo de arquivos, bibliotecas e museos; en como colaborar coas iniciativas que xorden da comunidade para conservar esa memoria non vinculada ao poder, á propiedade ou a xerarquía; en como dar resposta ás necesidades de novas perspectivas de investigación e a novas demandas de información; en fin, en como podemos construír un novo marco que encadre aos centros da memoria como institucións que conserven unha representación de nosa sociedade máis xusta e equitativa. Para acadar isto, o traballo realizado polas institucións da memoria debe ser fundamental.

As xornadas estrutúranse en tres centros de interese, cada un dos cales ocupará unha sesión. Así, a mañá do venres 29 xirará en torno a Outras Memorias, con respostas realizadas desde a sociedade civil con maior ou menor apoio institucional; a sesión de tarde centrarase nas Institucións da Memoria, co papel das entidades públicas; e a sesión do sábado 30 estará dedicada a Investigación e Participación, con proxectos desenvolvidos desde a academia, as institucións públicas e outras entidades da sociedade civil.

Programa dispoñible en https://bamad.gal/2024/09/20/a-procura-do-pasado-para-armar-o-futuro-o-rural-e-as-institucions-da-memoria/

COMPARTIR EN:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Telegram
Email

TAMBIÉN PODRÍA INTERESARTE:

Ir o contido