Nova exposición temporal: De color Betanzos

COMPARTIR EN:

A nova mostra temporal do Museo das Mariñas está protagonizada polas pinturas acrílicas de Elena Otero Chas

Biblioteca

Arquivo

museo

Nova exposición temporal: De color Betanzos

A nova mostra temporal do Museo das Mariñas está protagonizada polas pinturas acrílicas de Elena Otero Chas
INAUGURACION 5-xuño-2026

Tabla de contenidos

Este venres 5 de xuño quedou inaugurada oficialmente a mostra de Elena Otero Chas “De color Betanzos” na que amosamos unha trintena dos seus acrílicos nos que recolle diferentes paisaxes da cidade de Betanzos.

Partindo da técnica da pintura acrílica, Elena compón un mapa da cidade con pinturas de todos os tamaños con esceas que toda a veciñanza poderá identificar.

A mostra está comisariada por Claudia Quintela Aróstegui e Andrea Río Irago, alumnas en prácticas do Mestrado en Estudos Avanzados de Museos, Arquivos e Bibliotecas da Universidade da Coruña.

A exposición temporal estará aberta ata finais de agosto no piso superior do Museo das Mariñas.

Folleto Decolorbetanzos

COMPARTIR EN:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Telegram
Email

TAMBIÉN PODRÍA INTERESARTE:

Ir o contido