Co gallo da celebración do Día Internacional dos Museos, o grupo de teatro do Museo das Mariñas “Saraiba”, programa dúas visitas teatralizadas polo museo.
Baixo a dirección de Ánxela Doel, que comezou esta iniciativa de teatro popular durante unha actividade da Universidade Popular de Betanzos no verán do 2025, o grupo Saraiba fará a súa estrea o 17 de maio.
Será cun percorrido a través das coleccións do museo onde o teatro será o gran protagonista, con esceas e situacións que permitirán que a veciñanza se achegue dunha maneira diferente ao Museo das Mariñas.
Dende aquí queremos agradecerlle publicamente a Anxela e a todas as mulleres que forman o grupo a súa dedicación e o seu esforzo para conseguir que o museo sexa un lugar máis aberto.
As prazas son moi limitadas, así que reserva a túa canto antes escribindo a museodasmarinas@betanzos.net.




