A BAM Betanzos colabora no documental sobre Jesús Núñez

COMPARTIR EN:

Estréase no Cine Alfonsetti o documental “Jesús Núñez, mestre de mestres” que conta ca colaboración da BAM Betanzos

Biblioteca

Arquivo

museo

A BAM Betanzos colabora no documental sobre Jesús Núñez

Estréase no Cine Alfonsetti o documental "Jesús Núñez, mestre de mestres" que conta ca colaboración da BAM Betanzos

Tabla de contenidos

O vindeiro venres 21 de febreiro preséntase no Cine Alfonsetti o documental “Jesús Núñez, mestre de mestres” producido pola Asociación Sociocultural Zona Hadal e a área de Cultura da Deputación da Coruña.

Neste proxecto repásase a vida do artista Jesús Núñez, o betanceiro ideólogo da Fundación CIEC. A través de testemuñas de amigos, familiares e antigos alumnos faise un repaso a toda a súa biografía.

Dende a BAM Betanzos colaboramos con este proxecto. Por unha banda ca participación do director do Museo das Mariñas, Ángel Arcay Barral, e ca cesión de pezas e imaxes que temos no museo depositadas pola Fundación CIEC: o cartel da primeira edición das balconadas, fotografías familiares de Jesús Núñez ou diferentes obras do artista.

A proxección terá lugar no Cine Alfonsetti e a entrada será de balde ata completar capacidade.

COMPARTIR EN:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Telegram
Email

TAMBIÉN PODRÍA INTERESARTE:

BAM
I Premio BAMig@

Dende a BAM Betanzos creamos o Premio BAMig@ para destacar a figura dalgún amigo ou amiga da nosa institución ao longo do ano. É por

BAM
Grupo de teatro da UPB

Dende a Universidade Popular de Betanzos queremos comezar o curso organizando un grupo propio de teatro. Da man de Ánxela Doel profundizaremos nos coñecementos actorais

BAM
FESTIBAM 2025

Chega un novo FESTIBAM con actividades para toda a veciñanza de Betanzos

Ir o contido