Día Internacional dos Museos: Visitas teatralizadas ao Museo das Mariñas

COMPARTIR EN:

O Museo das Mariñas celebra o Día Internacional dos Museos con dúas visitas teatralizadas a cargo do seu propio grupo de teatro

Biblioteca

Arquivo

museo

Día Internacional dos Museos: Visitas teatralizadas ao Museo das Mariñas

O Museo das Mariñas celebra o Día Internacional dos Museos con dúas visitas teatralizadas a cargo do seu propio grupo de teatro

Tabla de contenidos

Co gallo da celebración do Día Internacional dos Museos, o grupo de teatro do Museo das Mariñas “Saraiba”, programa dúas visitas teatralizadas polo museo.

Baixo a dirección de Ánxela Doel, que comezou esta iniciativa de teatro popular durante unha actividade da Universidade Popular de Betanzos no verán do 2025, o grupo Saraiba fará a súa estrea o 17 de maio.

Será cun percorrido a través das coleccións do museo onde o teatro será o gran protagonista, con esceas e situacións que permitirán que a veciñanza se achegue dunha maneira diferente ao Museo das Mariñas.

Dende aquí queremos agradecerlle publicamente a Anxela e a todas as mulleres que forman o grupo a súa dedicación e o seu esforzo para conseguir que o museo sexa un lugar máis aberto.

As prazas son moi limitadas, así que reserva a túa canto antes escribindo a museodasmarinas@betanzos.net.

COMPARTIR EN:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Telegram
Email

TAMBIÉN PODRÍA INTERESARTE:

Ir o contido