Inaugurada a exposición sobre Francisco Javier Martínez Santiso no Museo das Mariñas

COMPARTIR EN:

Francisco Javier Martínez Santiso é un persoeiro fundamental da cultura brigantina dos séculos XIX e XX

Biblioteca

Arquivo

museo

Inaugurada a exposición sobre Francisco Javier Martínez Santiso no Museo das Mariñas

Francisco Javier Martínez Santiso é un persoeiro fundamental da cultura brigantina dos séculos XIX e XX

Tabla de contenidos

Desde a mañá do 17 de abril, o Museo das Mariñas conta cun novo espazo expositivo dedicado a unha das figuras máis interesantes da cultura local: Francisco Javier Martínez Santiso (Betanzos, 1868 – Betanzos, 1934).

Santiso traballou como profesor de diversas materias no instituto da cidade, como profesor particular de pintura na súa casa da rúa Nova ou como intelixente de obras ou asesor artístico do Concello de Betanzos. As súas afeccións incluían a historia, a xeografía e a fotografía, sendo o autor das fotografías máis antigas que se conservan da cidade.

De agora en diante, unha exposición no museo municipal mostrará a produción cultural completa dunha das figuras máis destacadas do Betanzos de finais século XIX e comezos do XX.

A inauguración foi presidida por María Barral, alcaldesa de Betanzos; Ángel Arcay, director do Museo das Mariñas; e Diego Martínez Sánchez, historiador betanceiro que completou a súa formación no Arquivo Municipal de Betanzos, sendo o encargado de comisariar esta exposición que se instalará de forma permanente no museo.

No acto tamén participaron Mari Martínez, neta de Francisco Javier Martínez Santiso, e Marisa Rivas, veciña betanceira que puxo en contacto á institución cos descendentes, posibilitando a doazón de moitas das pezas que agora se poden contemplar nesta mostra.

As imaxes do acto foron cedidas por Arume fotografía.

María Barral, Diego Martínez e Ángel Arcay na inauguración da mostra

COMPARTIR EN:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Telegram
Email

TAMBIÉN PODRÍA INTERESARTE:

Ir o contido