Nova doazón ao Museo das Mariñas: a única entrada orixinal do Pasatempo que se coñece

COMPARTIR EN:

A entrada, outorgada a Francisco Javier Martínez Santiso o 17 de maio de 1911, é a única que se coñece ata o momento

Biblioteca

Arquivo

museo

Nova doazón ao Museo das Mariñas: a única entrada orixinal do Pasatempo que se coñece

A entrada, outorgada a Francisco Javier Martínez Santiso o 17 de maio de 1911, é a única que se coñece ata o momento

Tabla de contenidos

Dende esta mañá, o corredor dedicado aos irmáns García Naveira conta con outra peza única da súa particular historia con Betanzos. Trátase da única entrada que se conserva do Parque do Pasatempo, unha das grandes obras que estes dous brigantinos realizaron na cidade.

A doazón debémoslla á nosa amiga Marisa Rivas Veiga, quen ven colaborando nos últimos anos co Museo das Mariñas aportando pezas e información, especialmente de todos aqueles asuntos ligados a Francisco Javier Martínez Santiso.

Da man das netas de Santiso recibiu Marisa Rivas esta entrada que agora deixa no Museo das Mariñas e que permite coñecer moitos detalles do Parque do Pasatempo:

O primeiro é que os xogos de postais, como o que nos doara María Dopico, non funcionaban como entradas ao recinto senón como souvenir para o visitante. Ademais o acceso estaría limitado xa que as entradas eran nominativas e entendemos que non todo o mundo podería facerse con unha. Ademais, as advertencias dos catro recunchos da tarxeta permite intuir algo máis do funcionamento do Pasatempo, incluido ese zoolóxico que os expertos aínda non logran situar dentro das dependencias do xardín.

Esta entrada que lle permitiría a Francisco Javier Martínez Santiso acceder ao Pasatempo o 17 de maio de 1911 xa forma parte das coleccións do Museo das Mariñas e por iso queremos agradecerlle publicamente a Marisa Rivas Veiga a súa colaboración constante e desinteresada co museo. Cas súas aportacións está axudando a coñecer novos aspectos da nosa historia.

COMPARTIR EN:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Telegram
Email

TAMBIÉN PODRÍA INTERESARTE:

Ir o contido