Durante o mes de agosto continuamos co ciclo de introdución á historia da arte pero acompañaremos as últimas sesións de varias saídas de campo. Anotade:
Mércores 6 ás 10:30 – Os ferros que nunca miraches – Roteiro por diferentes exemplos de ferros artísticos de Betanzos, da man de Daniel Lucas Teijeiro e Xesús Fraga.
Mércores 13 ás 19:00 – As viaxes agochadas de Santa María do Azogue – Roteiro polo interior da igrexa para descubrir todos os seus segredos, da man de Julián Ferrer.
Mércores 20 ás 10.30 – A invención dos pololos. Traxe folclórico, tradicional e cosmopolita no Museo das Mariñas – Roteiro pola sala do traxe do museo, viaxando a través da evolución do traxe tradicional, da man de Sara Fraga.
Xoves 21 ás 10.30 – Artes e artistas en Betanzos – Roteiro pola cidade para descubrir a pegada de diferentes artistas nas rúas de Betanzos, da man de Ángel Arcay.
Inscrición de balde enviando un correo a museodasmarinas@betanzos.net