Quen somos
Biblioteca Pública A. Castelao
Sita no Edificio Cultural Santo Domingo foi fundada en 1946 no antigo Colexio de Orfas e denominada “Castelao” según acordo plenario de 1980. A Biblioteca Pública Municipal Castelao ten un carácter comarcal con servizos de hemeroteca, sección Local e infantil, empréstitos, acceso gratuito e internet.
Arquivo Municipal
O Arquivo Municipal de Betanzos é un traballo de toda a cidadanía de Betanzos que a través das súas colaboracións e donacións sitúa a Betanzos coma o Concello de Galicia que maior volume de documentación histórica pon ó servizo dos cidadáns.
Museo das Mariñas
O Museo das Mariñas concentra boa parte da historia da nosa cidade. Repartido en dous andares podemos atopar obxectos e curiosidades de todas as épocas polas que pasou a vila de Betanzos, así como un apartado dedicado a museo etnográfico e varias salas con exposicións específicas.