O Arquivo Municipal de Betanzos recibiu na mañá do pasado luns a doazón dunha peza tan simbólica como importante. Trátase xa do documento máis antigo conservado por esta institución, que entre as súas máis de dez mil caixas de documentos contaba con disposicións de finais do século XV.
A boa nova débese a unha doazón de Carmen Margarita García Pertierra, veciña de A Coruña, quen contactou co arquivo para entregar un documento que lle tiña sido legado no pasado. Trátase dunha escritura de foro dunha finca situada na parroquia de Santa María de Cortiñán, datada en torno a 1420.
A transcrición do documento xa fora publicado por Francisco Vales Villamarín nunha edición do Boletín da Real Academia Galega e incluida, tempo despois, no volume das súas obras completas. Podes ler a transcrición neste enlace: Boletín da Real Academia Galega
O documento, recibido por parte da alcaldesa do Concello de Betanzos, María Barral, e do director do Arquivo Municipal, Ángel Arcay, podes consultalo a continuación: