Dende o Museo das Mariñas impulsamos a creación da Universidade Popular de Betanzos, un proxecto cultural no que aglutinar todo tipo de coñecementos para facelos accesibles e achegalos á cidadanía.
Buscamos a veciños e veciñas da cidade que queira dar a coñecer os seus saberes nalgún ámbito, que queiran compartir cos demais as súas paixóns e afeccións e intentaremos transformar todo iso en actividades e obradoiros sinxelos e participativos, pensados para todas as idades.
A andaina da UPB comeza no mes de xuño con tres obradoiros centrados no legado que supón para Betanzos toda a documentación do Arquivo Municipal de Betanzos, organizando tres talleres que axuden á veciñanza a introducirse na búsqueda de información neste tipo de centro. Dirixidos por Ángel Arcay e Daniel Mena, celebrarase un primeiro encontro o sábado 7, orientado a atopar información sobre unha vivenda no Arquivo Municipal, reconstruindo así as historias das casas da cidade, como na exposición temporal do Museo das Mariñas “As casas de Betanzos na historia”.
O seguinte será o xoves 19 e será un obradoiro de Paleografía, a disciplina que nos axuda a ler todo tipo de letras antigas na documentación do arquivo. Con prácticas sinxelas, os participantes aprenderán a descifrar todo tipo de textos dos últimos séculos. Por último, o xoves 26, o taller estará pensado en reconstruir as xenealoxías de cada familia, apoiándonos na documentación conservada no Arquivo Municipal.
O proxecto da Universidade Popular de Betanzos é unha idea subvencionada pola Xunta de Galicia e impulsada pola Asociación Sociocultural Zona Hadal.