Para dar a coñecer a algunha das mulleres artistas que pasaron pola cidade de Betanzos, e das que agora xa temos obra no Museo das Mariñas, creamos este pequeno cómic titulado “Mulleres artistas no Museo das Mariñas”.
Esta ferramenta busca, dunha maneira didáctica e amena, rescatar da invisibilidade a algunhas das mulleres que, de maneira profesional ou afeccionada, dedicaron parte do seu tempo á creación artística no Betanzos do século XX.
A obra, autoría de Ángel Arcay Barral, director do Museo das Mariñas, e da ilustradora Iria Fafián, foi posible grazas a unha axuda da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.
Podes descargalo de balde premendo na seguente imaxe:
Mulleres artistas no Museo das Mariñas_Angel Arcay Barral_Iria Fafian Alonso





