FESTIBAM 2025

COMPARTIR EN:

Chega un novo FESTIBAM con actividades para toda a veciñanza de Betanzos

Biblioteca

Arquivo

museo

FESTIBAM 2025

Chega un novo FESTIBAM con actividades para toda a veciñanza de Betanzos

Tabla de contenidos

Chega unha nova edición do FESTIBAM, o festival da Biblioteca, Arquivo e Museo das Mariñas.

Xornadas de portas abertas no museo, visitas guiadas, actividades para toda a familia…e, en definitiva, un finde de lecer e cultura para toda a veciñanza.

Podes inscribirte nas actividades e nas visitas a partir do 1 de setembro, xa que son todas con límite de prazas. Os menores de idade deberán estar acompañados en todo momento dun adulto.

A maiores, non se cobrará entrada para acceder ao museo, sendo unha finde de portas abertas para que todo o mundo poida vir coñecernos.

Para máis información, escribir a museodasmarinas@betanzos.net

 

Sábado 13, de 10:30 h a 11:30 h na Biblioteca Municipaldesenvolverase o espectáculo de narración oral e títeres para nenos e nenas de 0 a 3 anos titulado ONDE ESTÁN OS LIBROS?, por conta de Olga María Abad Prieto. Para máis información e inscrición obrigatoria, a partir do día 1 de setembro, no enderezo electrónico museodasmarinas@betanzos.net. Actividade dentro do programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia.

 


Sábado 13 e domingo 14, de 11:00 h a 14:00 h e de 17:00 h a 20:00 h no Museo das Mariñas, desenvolverase a FEIRA DE ARTISTAS E ARTESÁNS LOCAISPORTAS ABERTAS NO MUSEO DAS MARIÑAS E LIBERACIÓN DE LIBROS.

 


Sábado 13, de 11:30 h a 12:30 h no Museo das Mariñas, desenvolverase o obradoiro de arte con refugallos para nenos e nenas de 7 a 10 anos acompañados de adultos, titulado XOGANDO A SER POSEIDÓN CON PAUS E OUTROS REFUGALLOS, por conta de Francisco Martínez-Pin. Para máis información e inscrición obrigatoria, a partir do día 1 de setembro, no enderezo electrónico museodasmarinas@betanzos.net.

 


Sábado 13, de 12:00 a 13:30 h, desenvolverase a actividade VISITA GUIADA AO MUSEO DAS MARIÑAS, por conta de Ángel Arcay Barral, para todos os públicos. Para máis información e inscrición obrigatoria, a partir do día 1 de setembro, no enderezo electrónico museodasmarinas@betanzos.net.

 


Sábado 13, de 17:00 h a 18:00 h no Museo das Mariñas, desenvolverase o OBRADOIRO DE INICIACIÓN AO XADREZ para todos os públicos, por conta do Club de Xadrez de Betanzos, dentro da programación do FESTIBAM. Para máis información e inscrición obrigatoria, a partir do día 1 de setembro, no enderezo electrónico museodasmarinas@betanzos.net.

 


Sábado 13, de 17:30 a 19:00 h, desenvolverase a actividade VISITA GUIADA AO MUSEO DAS MARIÑAS, por conta de Ángel Arcay Barral, para todos os públicos. Para máis información e inscrición obrigatoria, a partir do día 1 de setembro, no enderezo electrónico museodasmarinas@betanzos.net.

 


Sábado 13, de 19:00 h a 20:00 h na Biblioteca Municipaldesenvolverase o espectáculo de artes escénicas sobre cantigas tradicionais participativas para nenos e nenas de 4 a 12 anos titulado O SON DAS LINGUAS, por conta de Bardo Abelardo. Para máis información e inscrición obrigatoria, a partir do día 1 de setembro, no enderezo electrónico museodasmarinas@betanzos.net. Actividade dentro do programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia. 

 


Domingo 14, de 11:00 a 12:00 h na Biblioteca Municipal, desenvolverase o espectáculo de artes escénicas con música, mimo e clown para nenos e nenas de 0 a 3 anos titulado CONTAMÚSICAS, por conta de Raquel de Ana Rodríguez, dentro da programación do FESTIBAM. Para máis información e inscrición obrigatoria, a partir do día 1 de setembro, no enderezo electrónico museodasmarinas@betanzos.net. Actividade dentro do programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia. 

 


Domingo 14, de 12:00 a 13:30 h, desenvolverase a actividade VISITA GUIADA AO MUSEO DAS MARIÑAS, por conta de Ángel Arcay Barral, para todos os públicos, dentro da programación do FESTIBAM. Para máis información e inscrición obrigatoria, a partir do día 1 de setembro, no enderezo electrónico museodasmarinas@betanzos.net.

 


Domingo 14, de 17:00 a 18:30 h, desenvolverase a actividade VISITA GUIADA AO MUSEO DAS MARIÑAS, por conta de Ángel Arcay Barral, para todos os públicos, dentro da programación do FESTIBAM. Para máis información e inscrición obrigatoria, a partir do día 1 de setembro, no enderezo electrónico museodasmarinas@betanzos.net.

 


Domingo 14, de 18:00 a 19:00 h na Biblioteca Municipal, desenvolverase o obradoiro creativo baseado nos contos tradicionais no que se realizará unha maqueta en 3D para nenos e nenas de 6 a 12 anos acompañados dun adulto, titulado CONTOS EN CONSTRUCIÓN, por conta de Costa Oeste, dentro da programación do FESTIBAM. Para máis información e inscrición obrigatoria, a partir do día 1 de setembro, no enderezo electrónico museodasmarinas@betanzos.net. Actividade dentro do programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia.

 


Organiza o Concello de Betanzos, coa colaboración da Deputación da Coruña e da Xunta de Galicia.

COMPARTIR EN:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Telegram
Email

TAMBIÉN PODRÍA INTERESARTE:

Ir o contido