Exposición temporal: Volta a mar a Betanzos: baleas, cachalotes, peixes & barcos

COMPARTIR EN:

Francisco Martínez Pin inaugura unha nova exposición temporal no Museo das Mariñas

Biblioteca

Arquivo

museo

Exposición temporal: Volta a mar a Betanzos: baleas, cachalotes, peixes & barcos

Francisco Martínez Pin inaugura unha nova exposición temporal no Museo das Mariñas

Tabla de contenidos

O artista betanceiro Francisco Martínez-Pin inaugurou este luns, 2 de marzo, a exposición “Volta a mar a Betanzos: baleas, cachalotes, peixes & barcos”.

A súa inquedanza polo mundo plástico e artístico acompáñao desde a infancia, aínda que non é ata 2018 cando decide dar un paso máis, afondando na elaboración das pezas e na intención conceptual que sustenta cada unha destas suxestivas creacións.

A obra de Pin constitúe unha singularidade persoal, estreitamente ligada ao seu pensamento e aos seus ideais arredor da concienciación medioambiental. A reutilización de residuos —recollidos nas praias, nas beiras dos ríos e mesmo nas rúas— convértese no eixo central do seu proceso creativo. O artista outórgalles unha segunda vida, máis duradeira ca a anterior, combinando unha clara intención estética cunha potente mensaxe de fondo.

Os materiais empregados nas súas pezas proceden maioritariamente das praias da comarca de Betanzos —O Pedrido, Miño ou O Regueiro—, así como de achegas de vivendas particulares de veciños e coñecidos: portas antigas, restos de electrodomésticos, azulexos e outros elementos en desuso que atopan unha nova funcionalidade a través da arte.

A colección que acolle o Museo das Mariñas é unha reflexión plástica sobre a biodiversidade mariña. As baleas e os cachalotes son os protagonistas, acompañados doutras especies, maquetas de embarcacións e paisaxes mariñas realizadas en diversos soportes e técnicas, configurando un conxunto que convida á contemplación e á conciencia ecolóxica.

A mostra estará aberta ata finais do vindeiro mes de maio.

COMPARTIR EN:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Telegram
Email

TAMBIÉN PODRÍA INTERESARTE:

Ir o contido