Exposición temporal: LVC cuina i fotografia

COMPARTIR EN:

Nova mostra temporal no Museo das Mariñas no que se comparte, por primeira vez, o fondo fotográfico e culinario de Luís Veiga Cadaveira

Biblioteca

Arquivo

museo

Exposición temporal: LVC cuina i fotografia

Nova mostra temporal no Museo das Mariñas no que se comparte, por primeira vez, o fondo fotográfico e culinario de Luís Veiga Cadaveira

Tabla de contenidos

Entre os meses de decembro e febreiro, a veciñanza de Betanzos poderá gozar dunha nova mostra temporal no Museo das Mariñas. Trátase da exposición “LVC cuina i fotografia”, que recolle o legado dos dous fondos deixados no Arquivo Municipal de Betanzos por Luís Veiga Cadaveira, marido da pintora Rosina Martínez Barral: o do seu receitario de cociña e o da súa colección de fotografías.

A mostra, comisariada por Antía Arcay Rodríguez, Olivia Barbero Bernabé, Alicia Maneiro Paz e Irene Paredes Rivera, amosa o legado deste veciño de orixe catalá que chegou a Betanzos na década dos oitenta, xa xubilado, para desfrutar de dúas das súas paixóns: a cociña e a fotografía.

No campo culinario recolleu case setecentos pratos nun receitario con creacións propias pero tamén con copias de diferentes gastrónomos, creando un conxunto de elaboracións con tradición mediterránea e atlántica, moitos inspirados na cociña galega e outros na catalá. De feito, as súas creacións están mecanografadas en castelán e en catalán.

No apartado fotográfico, LVC realizou instantaneas de toda Galicia e Cataluña, con especial énfase nas instantáneas da nosa cidade, que fotografou nas décadas dos anos oitenta e noventa do século pasado, amosando unha cidade en transformación cunha das coleccións fotográficas máis importantes das que contamos para eses anos.

Descarga de balde o catálogo da exposición:

 

 

LVC cuina i fotografia (2025)

COMPARTIR EN:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Telegram
Email

TAMBIÉN PODRÍA INTERESARTE:

Ir o contido