Dentro do programa de actividades impulsado pola Biblioteca da Deputación da Coruña para o resto das bibliotecas municipais da provincia, chega a hora de celebrar en Betanzos o obradoiro «Ramas literarias»
Con este taller dámoslle a oportunidade aos nenos/as de reflexionar sobre aquela historia ou historias que son importantes na súa vida literaria. Facendo unha metáfora utilizando a figura das árbores, personalizarán no tronco e nas súas ramas con elementos escritos ou decorativos relacionados con ditas historias. Un taller idóneo para que os nenos e as nenas traballen con variados materiáis como latas, ramas, la, etc.. vinculándoos de xeito creativo coa literatura.
Terá lugar na Biblioteca Municipal de Betanzos o día 11 de decembro, entre as 18.30 e as 20.00h.
A actividade está destinada a nenas e nenos de 6 a 11 anos, sendo necesaria a inscrición previa en biblioteca@betanzos.gal




