Celebramos o Día da Edición!

COMPARTIR EN:

Biblioteca

Arquivo

museo

Celebramos o Día da Edición!

Tabla de contenidos

O pasado 17 de decembro celebrouse o Día da Edición en Galicia, co gallo do nacemento do editor Ánxel Casal.

Para conmemorar tal efeméride organizamos unha nova edición dos Paseos Librescos tendo como protagonista a unha das obras máis senlleiras das editadas polo Concello de Betanzos: o Anuario Brigantino.

Esta publicación, que viu a luz por primeira vez en 1948, compaxina a investigación histórica cos acontecementos de todo o ano na cidade.

Para o paseo libresco escolleuse o último número do Anuario, onde tras coñecer os segredos da súa edición na propia Biblioteca, paseamos pola cidade explicando as investigacións que saen publicadas neste número 46 referido ao ano 2023, o último en ser publicado.

COMPARTIR EN:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Telegram
Email

TAMBIÉN PODRÍA INTERESARTE:

Ir o contido