Arquivo

COMPARTIR EN:

Información sobre o arquivo municipal de Betanzos

Arquivo Municipal de Betanzos

Aínda que na Guerra da Independencia o exército francés destrozou parte do arquivo, aínda conservamos documentos dende finais do século XV. O propio arquivo conta cunha sala de consulta para investigadores e participa da edición do Anuario Brigantino, onde cada ano aparecen publicadas numerosas referencias deste fondo documental.

Fondos públicos e privados

O Arquivo Municipal de Betanzos está composto por máis de 10.000 caixas de documentación, procedente na súa maior parte do propio fondo xerado polo Concello de Betanzos nas súas actividades. A maiores desta documentación, contamos con numerosos fondos privados procedentes de institucións xa desaparecidas, como o Liceo Recreativo ou o Padroado dos García Naveira; e de familias e persoeiros destacados da cidade, como o compositor Carlos López García-Picos.

Caixas
0
Ir o contido