A Biblioteca de Betanzos, gañadora do Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia

COMPARTIR EN:

A Biblioteca de Betanzos ven de ser recoñecida co Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia que concede cada ano a Xunta de Galicia.

Biblioteca

Arquivo

museo

A Biblioteca de Betanzos, gañadora do Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia

A Biblioteca de Betanzos ven de ser recoñecida co Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia que concede cada ano a Xunta de Galicia.
Biblioteca de Betanzos
Biblioteca de Betanzos.

Tabla de contenidos

A Biblioteca de Betanzos ven de ser recoñecida co Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia que concede cada ano a Xunta de Galicia. A convocatoria deste premio buscar resaltar experiencias innovadoras nas bibliotecas públicas, a través de obradoiros, actividades ou novas metodoloxías para achegar os fondos á veciñanza galega.

Club de Lectura da Historia de Betanzos

No caso betanceiro o proxecto premiado foi o Club de Lectura da Historia de Betanzos, organizado xunto a Cruz Vermella e o Proxecto Crece. Este club está orientado a maiores de 65 anos que estean nunha situación de soidade non desexada, sendo as reunións semanais do club un motivo para rachar con esta situación. As lecturas mesturan materiais da Biblioteca, o Arquivo e o Museo das Mariñas, creándose para cada reunión un pequeno libro sobre algún aspecto histórico da cidade.

Ampliar coñecementos

A través destes contidos os participantes poden ampliar os seus coñecementos sobre o pasado de Betanzos, engandindo deste xeito valor ao patrimonio local e que mesmo eles poden reforzar aportando novos documentos, obxectos ou textos para seguir descubrindo aspectos descoñecidos da nosa historia.

COMPARTIR EN:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Telegram
Email

TAMBIÉN PODRÍA INTERESARTE:

Biblioteca
Celebramos o Día da Edición!

O pasado 17 de decembro celebrouse o Día da Edición en Galicia, co gallo do nacemento do editor Ánxel Casal. Para conmemorar tal efeméride organizamos

Ir o contido