Anuario Brigantino

COMPARTIR EN:

Información sobre o Anuario Brigantino

Anuario brigantino

Publicación científica

O Anuario Brigantino é unha publicación científica editada polo Concello de Betanzos dende 1948. Fundado por Francisco Vales Villamarín, encargouse sempre de recoller todo tipo de investigacións históricas, artísticas ou literarias da comarca betanceira. Conta tamén cunha recompilación dos acontecementos do ano na vila e das memorias das diferentes asociacións da cidade.

As orixes do Anuario Brigantino

Os primeiros números, dirixidos por Francisco Vales Villamarín estaban directamente ligados á revista dos Xogos Froraes publicada en 1918, organizados polas Irmandades da Fala. Despois dos números de 1948 e 1949 non se publicou en 1950, retomándose en 1951 e deixándose de publicar novamente durante trinta anos.

Antecedente
0

O Anuario Brigantino en Dialnet

números
0

Historia recente

En 1981 retomouse a publicación, da man do mesmo director, ata a chegada de Alfredo Erias ao Museo das Mariñas en 1983, encargándose entón da súa edición ata o ano 2020 no que se xubilou. O número 44, relativo ao ano 2021, xa foi dirixido polo novo director do Museo das Mariñas, Ángel Arcay Barral.

Reinicio
0

Fondos

Buscar no interior de todos os pdfs dos Anuarios Brigantinos 

Ir o contido