Biblioteca
Biblioteca Municipal A. Castelao de Betanzos
A Biblioteca Municipal A. Castelao de Betanzos ten a súa orixe en 1947, pasando na súa historia por diferentes localizacións. Na actualidade ocupa un andar do Centro Cultural de San Domingos, contando cun apartado dedicado a literatura infantil e xuvenil (LIX) e outro para adultos.
Fondos para todos os públicos
No apartado da LIX atoparemos os fondos divididos por idades e temáticas, con acceso a todo tipo de novelas, libros informativos ou xogos. Na parte do público adulto contamos cunha importante sección de novela e co resto de fondos organizados segundo a CDU, con mención especial ás coleccións de arte e historia. Novelas, biografías, poemarios, libros noutros idiomas ou libros informativos, conforman o groso dos máis de 22.000 libros que compoñen a colección.
Lectura, internet e actividades
Existen 70 postos de lectura e varios ordenadores para facililitar a conexión a internet. Entre as actividades organizadas pola Biblioteca son reseñables os obradoiros de dinamización da lectura ou os diferentes clubes de lectura, sendo o máis destacado o Club de Lectura da Historia de Betanzos que foi recoñecido co Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia no ano 2023.