Comeza outro ano máis o Club de Lectura de Historia de Betanzos, coordinado pola veciña Sara Fraga Pérez.
Este ano, a actividade forma parte do proxecto “Red de Correspondencia Lectora: Comunidades de Lectura en Diálogo”, financiado polo Ministerio de Cultura.
Nas reunións semanais do club, que se celebran na Biblioteca ou nos centros sociais do municipio previa solicitude, leremos textos sobre o pasado de Betanzos, compartiremos as nosas lembranzas e comentaremos moitos episodios con outros veciños e veciñas participantes. E este ano, como novidade, comezaremos a escribir cartas e postais para conectar con outras comunidades lectoras do resto do Estado.
Apúntate canto antes escribindo a museodasmarinas@betanzos.net ou axúdanos a crear grupos nos distintos centros veciñais.




