A Biblioteca de Sementes da Biblioteca de Betanzos

COMPARTIR EN:

Xa está activa na biblioteca de Betanzos o centro de préstamo de sementes creado polo proxecto Tecelás da Terra

Biblioteca

Arquivo

museo

A Biblioteca de Sementes da Biblioteca de Betanzos

Xa está activa na biblioteca de Betanzos o centro de préstamo de sementes creado polo proxecto Tecelás da Terra

Tabla de contenidos

Dende este mes de abril, a Biblioteca de Betanzos ofrece un novo servizo: o préstamo de sementes para as hortas da veciñanza betanceira.

Esta nova colección é o froito do proxecto Tecelás da Terra, unha iniciativa premiada nos Premios Luísa Villalta da Deputación da Coruña, que promove a soberanía alimentaria, o empoderamento feminino e a cultura do coidado a través da creación dunha Biblioteca de Sementes Ecofeminista.

No caso brigantino foron as veciñas de Xanrozo as que crearon esta colección de sementes na que o resto da veciñanza poden atopar pementos, xudías, cebolas, tomates, fabas, azafrán, coles, repolos ou sandías.

Que hai que facer para levar en préstamo estas sementes?

Facerse Amigo ou Amiga da Biblioteca e comprometerse a:

  • Utilizar e coidar as sementes só para cultivalas, reproducilas e aprender sobre elas, contribuíndo á mellora e conservación das variedades para a alimentación e a agricultura. Durante o primeiro ano, non se poderán usar para fins industriais, químicos ou farmacéuticos, nin vender os produtos obtidos.
  • Non reclamar ningún dereito de propiedade sobre as sementes nin sobre as súas características.
  • Non ceder nin entregar as sementes a outras persoas ou entidades.
  • Cultivar e reproducir as variedades que levas en préstamo, para axudar a manter viva a colección da Biblioteca.
  • Realizar a reprodución en condicións axeitadas, separando ben as variedades da mesma especie para evitar cruces non desexados.
  • Devolver a maior cantidade posible de sementes das variedades que levaches. Se non foi posible reproducilas, comprométeste a explicar o motivo.

Pásate pola biblioteca a polo teu libro e o teu sobre cas sementes! Estamos agardando por ti!

COMPARTIR EN:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Telegram
Email

TAMBIÉN PODRÍA INTERESARTE:

Biblioteca
Obradoiro “Ramas literarias”

En colaboración ca Biblioteca da Deputación da Coruña, a Biblioteca Municipal de Betanzos organiza o obradoiro “Ramas literarias”

Ir o contido