Nova doazón ao Arquivo Municipal de Betanzos: o fondo do Patronato Benéfico Docente García Irmáns

COMPARTIR EN:

O Arquivo Municipal de Betanzos recibe un importante fondo documental sobre o Padroado Benéfico Docente Asistencial dos irmáns García Naveira

Biblioteca

Arquivo

museo

Nova doazón ao Arquivo Municipal de Betanzos: o fondo do Patronato Benéfico Docente García Irmáns

O Arquivo Municipal de Betanzos recibe un importante fondo documental sobre o Padroado Benéfico Docente Asistencial dos irmáns García Naveira

Tabla de contenidos

Vimos de recibir no Arquivo Municipal de Betanzos unha nova doazón de documentos.

Trátase dun importante fondo do Patronato Benéfico Docente dos irmáns García Naveira. Este patronato era o órgao de xestión e administración das obras ideadas por Juan e Jesús García Naveira, que permaneceu activo incluso despois da morte dos irmáns.

Acompañan a este fondo diferentes escrituras relativas á adquisición de terreos para realizar a obra das Escolas e o Asilo da Avenida Jesús García Naveira, así como documentos sobre a herdanza de Jesús, o irmán pequeno, que faleceu accidentalmente na Arxentina en 1912.

Esta doazón, efectuada por Antonio Gómez-Iglesias Casal, débese a que o seu pai Valentín Sánchez-Iglesias Puente formou parte deste padroado, conservando na súa residencia a documentación da institución.

En total, a doazón está composta dos seguintes documentos:

• Tres copias do Regulamento das Escuelas García Irmáns (1915)
• Borrador e orixinal do rexistro da propiedade do edificio das Escolas e Asilo García Irmáns
(1930)
• Escritura de cesión en precario das Escolas García Irmáns ao Concello de Betanzos (1967)
• Copia da escritura de cesión outorgada por Juan García Naveira e outros do Asilo García
Irmáns á Congregación de las Hermanitas dos Ancianitos Desamparados (1912)
• Borrador de datos referentes á testamentaría de Jesús García Naveira e a súa esposa Carmen
Echevarría
• Libro de actas da Fundación Benéfico Docente García Irmáns, do 31-12-1940 a 19-09-1967
• Libro de actas da Fundación Benéfico Docente García Irmáns, do 26-08-1908 a 02-12-1916
• Libro de actas da Fundación Benéfico Docente García Irmáns, do 02-01-1917 a 28-08-1940
• Libro de actas do Consello Escolar Primario da Fundación Benéfico Docente García Irmáns
(1958)
• Escritrura fundacional das Escolas e Asilo García Hermanos (1908)
• Escritura de cesión por parte do Concello de Betanzos do terreo para edificar as Escolas e
Asilo García Irmáns (1906)
• Escrituras de doazóns de terreos para edificar as Escolas e Asilo García Irmáns (1908-1909)

• Escrituras de compra de terreos para edificar as Escolas e Asilo García Irmáns (1908-1911)

COMPARTIR EN:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Telegram
Email

TAMBIÉN PODRÍA INTERESARTE:

Ir o contido