A partir do mes de febreiro participaremos dende a Biblioteca Betanzos no proxecto Tecelás da Terra, unha das ideas galardoadas co premio Luisa Villalta a proxectos de igualdade da Deputación da Coruña.
As mulleres de Betanzos poderán participar neste proxecto de empoderamento feminino e cultura do coidado, á vez que se crea unha Biblioteca de Sementes, nun traballo de recuperación da soberanía alimentaria.
Os obradoiros realizaranse os venres 6, 13, 20 e 27 de febreiro no Centro Social de Xanrozo.
A inscrición pode realizarse a través do correo electrónico tecelasdataerra@gmail.com ou chamando ao teléfono dos Servizos Sociais municipais, no 981.77.07.07.
Máis información neste video das nosas redes sociais: https://www.facebook.com/reel/1631942768168069




