Outubro na Universidade Popular de Betanzos!

COMPARTIR EN:

Novas actividades para o mes de outubro no Museo das Mariñas de Betanzos

Biblioteca

Arquivo

museo

Outubro na Universidade Popular de Betanzos!

Novas actividades para o mes de outubro no Museo das Mariñas de Betanzos

Tabla de contenidos

Chega outubro cargado de actividades ao Museo das Mariñas. A través da Universidade Popular de Betanzos poderemos adentrarnos en diferentes temáticas da nosa realidade: memoria histórica, patrimonio, comunicación, agricultura, etc.

Os martes e xoves de outubro e novembro teremos ensaio do noso grupo de teatro propio, dirixido pola veciña Ángela Fernández.

Os dous primeiros mércores de outubro percorreremos dúas arquitecturas añoradas da cidade, a parte baixa do Pasatempo e o Peirao da Ribeira, con Ángel Arcay e Daniel Lucas Teijeiro.

O mércores 8 tamén teremos o segundo obradoiro de agroecoloxía, con Elena Pérez.

O venres 10 teremos en Betanzos a Raquel Lema para que nos fale da situación dos medios de comunicación galegos, dos bulos, da neutralidade e de todo o que ten que ver ca información e con como nos informamos.
E dende o 26 de setembro en diante terán lugar as xornadas Memoria e Amnesia, onde abordaremos o asunto dende tres puntos de vista, co arqueólogo da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica, Serxio Castro; ca xornalista Nuria López, directora do podcast A ferida aberta no 36; e con Elena Gutiérrez, investigadora encargada de explicar a patrimonialización dos campos de concentración.
Inscríbete nos que che interesen a través do correo museodasmarinas@betanzos.net

COMPARTIR EN:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Telegram
Email

TAMBIÉN PODRÍA INTERESARTE:

Ir o contido