Dende o Museo das Mariñas ofrecemos unha nova actividade. Un pequeno curso para introducirse nos segredos da historia da arte, a través de catro breves sesións impartidas por Pedro Galilea e Xosé Luís Mosquera.
Non é necesario ter coñecementos previos, xa que o curso funciona como un achegamento sinxelo e didáctico á historia da arte.
A inscrición é independente a cada unha das sesións, e as clases estarán repartidas por todo Betanzos, no museo, na igrexa de Santiago e no CIEC.
PROGRAMA:
· 15-07 | 10:00 a 11:30 | Museo das Mariñas | Prehistoria e Antigüídade | X. L. Mosquera
· 22-07 | 10:00 a 11:30 | Igrexa de Santiago | Medievo e Renacemento | X. L. Mosquera
· 05-08 | 10:00 a 11:30 | Museo das Mariñas | Barroco e Neoclasicismo | Pedro Galilea
· 12-08 | 10:00 a 11:30 | Fundación CIEC | Contemporaneidade | Pedro Galilea