A Biblioteca de Betanzos inaugura as III Xornadas de Bibliotecas, Arquivos e Centros de Documentación de Vigo

COMPARTIR EN:

Biblioteca

Arquivo

museo

A Biblioteca de Betanzos inaugura as III Xornadas de Bibliotecas, Arquivos e Centros de Documentación de Vigo

A Biblioteca de Betanzos inaugura as III Xornadas de Bibliotecas, Arquivos e Centros de Documentación de Vigo

Tabla de contenidos

O pasado 15 de maio tivo lugar a terceira xuntanza dos profesionais vigueses do sector da documentación. A Biblioteca de Betanzos, por medio do seu director Ángel Arcay, foi a entidade convidada para dar a conferencia inaugural da actividade.

Club de lectura sobre a historia de Betanzos

Co gallo de ser a biblioteca que mereceu o Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia no pasado ano 2023, achegámonos a Vigo para explicar o proxecto que mereceu tal recoñecemento: o club de lectura sobre a historia de Betanzos orientado a persoas maiores de 65 anos en situación de soidade non desexada.

Entendemos que unha das virtudes do noso proxecto é a facilidade ca que pode ser exportado a outras cidades, permitindo aos profesionais dos arquivos e as bibliotecas replicar este club de lectura cos materiais propios de cada institución.

Museo MARCO de Vigo

A xuntanza, que tivo lugar no Museo MARCO de Vigo, contou ca participación de profesionais procedentes de todo tipo de institucións da cidade: a Biblioteca da ONCE, a Biblioteca Xosé Neira Vilas, a Biblioteca da Universidade de Vigo ou o propio centro de documentación do Hospital Álvaro Cunqueiro.

COMPARTIR EN:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Telegram
Email

TAMBIÉN PODRÍA INTERESARTE:

Biblioteca
Celebramos o Día da Edición!

O pasado 17 de decembro celebrouse o Día da Edición en Galicia, co gallo do nacemento do editor Ánxel Casal. Para conmemorar tal efeméride organizamos

Ir o contido